O proxecto da Chave súmase ao esforzo colectivo de lle dar valor e prestixio á lingua galega.

A Chave quere contribuír a que sexamos unha sociedade con maior consciencia lingüística, máis animada a coñecer e a usar o galego.

Ler máis »

A Chave quere dar un trato de excelencia á lingua galega, porque pensamos que existe unha necesidade social de que así sexa.

A Chave emprega o galego para vehicular a comunicación en calquera nivel, en todas as áreas do coñecemento e da cultura, e coa máxima calidade lingüística.

Ler máis »

Recursos léxicos

En preparación

Recursos externos sobre a lingua galega

Dicionarios:

Dicionario elaborado pola Real Academia Galega (RAG). Inclúe sinónimos, antónimos, a conxugación dos verbos e a pronuncia das palabras. Ten máis de 53.000 entradas.

Inclúe dicionarios, léxicos e glosarios dunha chea de obras lexicográficas sobre a lingua galega, elaboradas desde 1745 até a actualidade. Achéganos o que aparece en cada obra sobre o significado da palabra galega procurada. Coordinado polo profesor Antón Santamarina (ILG).

Dicionario na normativa ortográfica reintegracionista (CL-AGAL), obra do profesor Isaac Alonso Estraviz. Tamén permite a pesquisa na normativa ILG-RAG. Inclúe sinónimos. Ten máis de 130.000 entradas.

Baseado no dicionario elaborado por Ir Indo Edicións no ano 2003. Está dispoñíbel na rede desde o ano 2013, como portal da Xunta de Galicia. Inclúe a conxugación dos verbos e aplica criterios propios no tratamento dos empréstitos lingüísticos e da terminoloxía.

Terminoloxía:

Banco de terminoloxía elaborado polo Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), a partir dunha montoeira de léxicos e vocabularios. Especifica a área temática e dános a correspondencia do termo noutra/s lingua/s.

Cultura e sociedade

CULTURA E ARTE EN XERAL:
ESPECTÁCULOS / AUDIOVISUAL:
LINGUA E LITERATURA:
MÚSICA:
INICIATIVAS E ACTIVIDADES LOCAIS:
ENSINO:
CIENCIA:
HISTORIA / ANTROPOLOXÍA:
XOGOS POPULARES:
  • AGXPT
    (Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional)
  • Enredamos
    (xogos populares)
  • O Varal
    (billarda)
MULLER E FEMINISMO: