Condicións de uso

Identidade do titular do web

Este sito web é propiedade de Silverio Cerradelo Gómez, con domicilio en Mosteiro de Ribeira nº41, 32640 Xinzo de Limia, Ourense. Silverio Cerradelo Gómez é o impulsor e representante do proxecto da Chave, que se presenta neste web.

Estas condicións teñen por obxecto regular o uso do sitio web que Silverio Cerradelo Gómez e o proxecto da Chave poñen ao dispor do público no presente URL. A utilización do web por unha terceira persoa atribúelle a esta a condición de utente e comporta a plena aceptación de todas e cada unha das condicións que se incorporan a este aviso legal.

Para calquera consulta ou suxestión, pode contactar a través do correo electrónico:  proxecto@achave.gal.

 

Propiedade intelectual

Todos os contidos, textos, imaxes e códigos fonte son da titularidade de Silverio Cerradelo Gómez ou de terceiros a quen se lles adquiriron os dereitos de explotación, e están protexidos polos dereitos da propiedade intelectual e industrial.

O utente / a utente só ten dereito a un uso privado destes, sen fin lucrativo, e precisa da autorización expresa de Silverio Cerradelo Gómez e/ou do/da titular dos dereitos para os poder modificar, reproducilos, explotalos, distribuílos ou calquera outra acción recollida nos dereitos pertencentes ao titular.

 

Protección de datos persoais

De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Personal (LOPD) e o Real Decreto 1720/2007 de desenvolvemento da LOPD, informámoslle que a utilización de determinados servizos do noso sitio web pode requirir o fornecemento de datos persoais a través de formularios ou mediante o envío de mensaxes por correo electrónico, e que estes datos serán obxecto de tratamento e incorporados a un ficheiro do proxecto da Chave. O envío referido dos datos persoais representa o consentimento expreso para o tratamento destes, se ben con carácter revogábel e sen efectos retroactivos.

Así mesmo, informámoslle que para salvagardar a seguranza dos seus datos persoais, aplicaráselles medidas de seguranza técnicas e organizativas exixidas no Real Decreto 1720/2007 sobre o regulamento de medidas de seguranza dos ficheiros que contiveren datos de carácter persoal.

 

Responsabilidades

Ao pormos á disposición do utente / da utente este sitio web, querémoslle ofrecer unha serie de contidos de calidade, empregando os medios tecnolóxicos coa máxima dilixencia. Non obstante, non seremos responsábeis da presenza de virus ou doutros elementos que dalgunha maneira puideren danificar o sistema informático do / da utente.

O / a utente ten prohibido calquera tipo de acción sobre o noso sitio web que poida orixinar unha excesiva sobrecarga nos nosos sistemas informáticos, así como a introdución de virus, a instalación de robots ou software que altere o funcionamento normal do noso web, ou que poida estragar os nosos sistemas informáticos.

As ligazóns ou links contidas neste sitio web poden levar o / a utente a outros webs xestionados por terceiros. Silverio Cerradelo Gómez declina calquera responsabilidade a respecto da información que se encontre fóra do presente web, unha vez que a función das ligazóns que aparecen é unicamente a de informar o / a utente sobre a existencia doutras fontes de información sobre un tema concreto.

O / a utente é plenamente consciente de que a mera navegación por este web, así como a utilización dos seus servizos, implica a aceptación destas condicións.

 

Modificacións das condicións de uso

Silverio Cerradelo Gómez resérvase o dereito de modificar, ampliar ou actualizar as presentes condicións de uso en calquera momento. A persoa utente ficará automaticamente obrigada polas condicións de uso que se encontren vixentes no momento en que acceda ao sitio, polo que é importante ler periodicamente as referidas condicións de uso.

 

Leis e foro aplicábeis

Todo o que fai referencia a este web e ás presentes condicións de uso réxese exclusivamente polas leis españolas. No caso de se producir calquera discrepancia ou controversia no que atinxe ao contido deste web ou a interpretación e execución das presentes condicións de uso, todas as partes se someten, con renuncia expresa a calquera outro foro, aos xulgados e tribunais da cidade de Ourense.