Os obxectivos da Chave

A Chave quere dar un trato de excelencia á lingua galega, porque pensamos que existe unha necesidade social de que así sexa. Como obxectivo primeiro e básico, A Chave emprega o galego para vehicular a comunicación en calquera nivel, en todas as áreas do coñecemento e da cultura, e coa máxima calidade lingüística.

Os obxectivos de traballo que definen inicialmente o proxecto son:

  • Dicionario da Chave en liña: O primeiro obxectivo de traballo da Chave é elaborar e ofrecerlle ao mundo un dicionario de galego en liña, que complete ou enriqueza o que xa existe na rede.
  • Dicionarios da Chave: Outra liña da Chave é a elaboración de dicionarios bilingües. Na súa posta en andamento, A Chave pon en relación o galego co castelán, co catalán e co inglés, cos seguintes proxectos: Dicionario galego-castelán, Dicionario castelán-galego, Dicionario galego-catalán, Dicionario catalán-galego, Dicionario galego-inglés e Dicionario inglés-galego.
  • Flora e fauna: Outra das liñas é a elaboración de obras de divulgación naturalista: Flora e fauna do Parque Nacional das Illas Atlánticas, Flora e fauna do Parque Natural da Baixa Limia e Serra do Xurés, Flora e fauna do espazo natural Umia-O Grove, punta Carreirón e lagoa da Bodeira etc.

En relación ao atinximento dos seus obxectivos, A Chave defínese como un proxecto sen fin lucrativo.