Os obxectivos

Na súa posta en andamento, A Chave estabelece os seguintes obxectivos:

  • Dicionario da Chave en liña: O primeiro obxectivo de traballo da Chave é elaborar e ofrecerlle ao mundo un dicionario de galego en liña, que complete ou enriqueza o que xa existe na rede.
  • Dicionarios da Chave: Outra liña da Chave é a elaboración de dicionarios bilingües. Inicialmente, A Chave pon en relación o galego co castelán, co catalán e co inglés, cos seguintes proxectos:
  • Dicionario galego-castelán e Dicionario castelán-galego
  • Dicionario galego-catalán e Dicionario catalán-galego
  • Dicionario galego-inglés e Dicionario inglés-galego
  • Flora e fauna: Outra das liñas é a elaboración de obras de divulgación naturalista:
  • Flora e fauna do Parque Nacional das Illas Atlánticas
  • Flora e fauna do Parque Natural da Baixa Limia e Serra do Xurés
  • Flora e fauna do espazo natural Umia-O Grove, punta Carreirón e lagoa da Bodeira etc.

No actual sitio web encóntranse algúns recursos léxicos elaborados pola Chave e algunhas ligazóns da Internet para o coñecemento da lingua galega e da realidade galega e do mundo. Os recursos da Chave comezan con léxicons relativos á fauna e á flora, que é unha das liñas que se desenvolven no proxecto. Nos vindeiros anos estes recursos vanse ir acrecentando, para alén de dar á luz o dicionario de galego da Chave en liña.