Quen somos?

Un grupo de persoas estamos a pór en andamento a Chave (equipo de deseño e de informática, equipos e asesores para a elaboración dos recursos léxicos no web de presentación, fotógrafos/as…). Para alén diso, cada liña de traballo e cada proxecto concreto ten o seu equipo. Por agora, presentamos a persoa impulsora e responsábel do proxecto da Chave en conxunto. Pouco e pouco, conforme as liñas e os proxectos concretos se vaian desenvolvendo, habemos ir incorporando máis persoas nesta sección.

Silverio Cerradelo Gómez

Veterinario (pola UAB), filólogo (Filoloxía Galega, pola UB, con premio extraordinario de licenciatura) e máster en terminoloxía (pola UPF).

A Chave é a súa obra social.

  • Algunha información máis sobre o Silverio no web da AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega).
  • Viaxe á Indonesia  (as impresións dunha viaxe persoal).
  • Algún traballo seu en relación coa lingua galega:

pdf Os nomes galegos das aves
Edición do autor, 2013.

pdf Becada e *becacina: dous castelanismos que non deberían incorporarse á lingua galega
Publicado en Estudos de Lingüística Galega 3, 2011, pp.199-209. ISSN 1989-578X.

pdf Achega fraseolóxica para un dicionario galego-catalán catalán-galego
Coautor: Esteve Valls. Publicado en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, pp.37-132. ISSN 1698-7861