A esencia

O proxecto da Chave súmase ao esforzo colectivo de lle dar valor e prestixio á lingua galega.

A Chave quere contribuír a que sexamos unha sociedade con maior consciencia lingüística, máis animada a coñecer e a usar o galego.

Léxicos da fauna e da flora

Publicamos recursos terminolóxicos cos nomes galegos da fauna e da flora.

Son publicacións dixitais que están ao dispor da sociedade, pódense consultar e descargar de balde.

Un mundo en galego

A Chave fornece ligazóns da internet sobre iniciativas sociais e culturais cuxo contido está presentado en galego.

Igualmente, ligazóns de canais informativos que utilizan o galego como lingua de comunicación.

Léxicos da fauna e da flora

Recursos externos sobre a lingua galega

Dicionarios:

Dicionario elaborado pola Real Academia Galega (RAG). Inclúe sinónimos, antónimos, a conxugación dos verbos e a pronuncia das palabras. Ten máis de 53.000 entradas.

Inclúe dicionarios, léxicos e glosarios dunha chea de obras lexicográficas sobre a lingua galega, elaboradas desde 1745 até a actualidade. Achéganos o que aparece en cada obra sobre o significado da palabra galega procurada. Coordinado polo profesor Antón Santamarina (ILG).

Dicionario na normativa ortográfica reintegracionista (CL-AGAL), obra do profesor Isaac Alonso Estraviz. Tamén permite a pesquisa na normativa ILG-RAG. Inclúe sinónimos. Ten máis de 130.000 entradas.

Baseado no dicionario elaborado por Ir Indo Edicións no ano 2003. Está dispoñíbel na rede desde o ano 2013, como portal da Xunta de Galicia. Inclúe a conxugación dos verbos e aplica criterios propios no tratamento dos empréstimos lingüísticos e da terminoloxía.

Terminoloxía:

Banco de terminoloxía elaborado polo Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), a partir dunha montoeira de léxicos e vocabularios. Especifica a área temática e dános a correspondencia do termo noutra/s lingua/s.
Banco de terminoloxía do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH). Inclúe información conceptual e ofrece a equivalencia do termo noutra/s linguas/s.

UN MUNDO EN GALEGO

presentado pola Chave