Condicións de uso

Todas as persoas que accederen ao sitio web  https://www.achave.gal  ou utilizaren o correo electrónico da Chave asumen o papel de persoa usuaria, comprometéndose á observancia e cumprimento rigoroso das disposicións aquí dispostas, así como calquera outra disposición legal que for aplicábel.

 

Identidade do titular do web

Este sito web é propiedade de Silverio Cerradelo Gómez, con domicilio en Mosteiro de Ribeira nº41, 32635 Xinzo de Limia, Ourense. Silverio Cerradelo Gómez é o impulsor e representante do proxecto A Chave, que se mostra neste web.

Estas condicións teñen por obxecto regular o uso do sitio web que o proxecto A Chave pon ao dispor do público no presente URL.

Para calquera consulta ou suxestión, pode contactar a través do formulario contacte connosco

 

Propiedade intelectual

Todos os contidos, textos, imaxes e códigos fonte deste sitio web, así como o logo da Chave, son da titularidade de Silverio Cerradelo Gómez, en representación do proxecto A Chave, de terceiros a quen se lles adquiriron os dereitos de explotación, ou de terceiros que cederon eses materiais exclusivamente para o seu uso no web da Chave. Todos os contidos, textos, imaxes e códigos fonte deste sitio web, así como o logo da Chave, están protexidos polos dereitos da propiedade intelectual.

A persoa usuaria só ten dereito a un uso privado destes, sen fin lucrativo, e precisa da autorización expresa da persoa titular dos dereitos para os poder modificar, reproducilos, explotalos, distribuílos ou calquera outra acción recollida nos dereitos pertencentes ao titular.

Os recursos léxicos sobre fauna e flora, que inclúen un conxunto de 23 publicacións electrónicas intituladas Os nomes galegos dos… / das… (algas, cogumelos, musgos e fentos, crustáceos, bolboretas, peixes etc.) están suxeitos á licenza Creative Commons de uso aberto, con recoñecemento da autoría e sen obra derivada nin usos comerciais. Isto é: a persoa usuaria pode copiar e redistribuír estas publicacións en calquera medio ou formato, recoñecendo sempre a autoría; no entanto, non as pode utilizar para propósitos comerciais ou con finalidade lucrativa, e non pode remesturar ou transformar estes materiais nin distribuír o material modificado. Evidentemente, os nomes en si non teñen ningunha limitación de uso: pertencen á lingua galega e calquera persoa pode usalos no contexto e co criterio que lle parecer adecuado.

 

Protección de datos persoais

De conformidade co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que di a respecto do tratamento de datos persoais e da libre circulación deses datos, e de conformidade así mesmo coa Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, informámoslles ás persoas usuarias que:

.- A utilización do noso sitio web pode requirir o fornecemento de datos persoais a través do formulario contacte connosco ou mediante o envío de mensaxes por correo electrónico.

.- Estes datos serán incorporados a un ficheiro do proxecto A Chave.

Os datos recollidos a través do formulario contacte connosco e das mensaxes de correo electrónico teñen como finalidade o atendemento da/s mensaxe/s enviada/s pola persoa usuaria a través do correo electrónico e a comunicación directamente derivada desa/s mensaxe/s coa persoa usuaria interesada. A base legal para o tratamento e o uso destes datos é o consentimento da persoa usuaria, que para poder enviar a mensaxe acepta estes termos e condicións marcando a caixiña “Por favor, acepte os termos e condicións para continuar”.

Así mesmo, informámoslles que para salvagardar a seguranza dos datos persoais, aplicaráselles as medidas de seguranza técnicas e organizativas apropiadas para o risco que comporta o seu tratamento, tal como estabelece o antedito Regulamento (UE) 2016/679. Os datos das persoas usuarias non serán transferidos a terceiros, se non é por estrita obrigación legal.

En relación cos seus datos, os usuarios poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación e oposición, escribindo ao correo-e: datos.persoais@achave.gal

 

Responsabilidades

Ao pormos este sitio web á disposición das persoas usuarias, querémoslles ofrecer unha serie de contidos de calidade, empregando os medios tecnolóxicos coa máxima dilixencia. Non obstante, non seremos responsábeis da presenza de virus ou doutros elementos que dalgunha maneira puideren danificar o sistema informático das persoas usuarias.

A persoa usuaria ten prohibido calquera tipo de acción sobre o noso sitio web que puider orixinar unha excesiva sobrecarga nos nosos sistemas informáticos, así como a introdución de virus, a instalación de robots ou software que alterar o funcionamento normal do noso web, ou que puider estragar os nosos sistemas informáticos.

As ligazóns contidas neste sitio web poden levar a persoa usuaria a outros webs xestionados por terceiros. O proxecto A Chave declina calquera responsabilidade a respecto da información que se encontre fóra do presente web, unha vez que a función das ligazóns que aparecen é unicamente a de informar a persoa usuaria da existencia doutras fontes de información sobre un tema concreto.

A totalidade da información fornecida polos usuarios a través do formulario contacte connosco do web https://www.achave.gal ou a través do correo electrónico ten de ser certa, de modo que a persoa usuaria garantirá a autenticidade dos datos que comunicar á Chave a través destes medios. A persoa usuaria é a única responsábel da información inexacta ou falsa que proporcionar, así como do prexuízo que esa información causar á Chave ou a terceiros.

A persoa usuaria é plenamente consciente de que a mera navegación por este web, así como a utilización dos seus servizos, implica a aceptación destas condicións.

 

Modificacións das condicións de uso

A Chave resérvase o dereito de modificar, ampliar ou actualizar as presentes condicións de uso en calquera momento. A persoa usuaria fica automaticamente obrigada polas condicións de uso que se encontran vixentes no momento en que accede ao sitio, polo que é importante ler periodicamente as referidas condicións de uso.

 

Leis e foro aplicábeis

Todo o que fai referencia a este sitio web e ás presentes condicións de uso réxese exclusivamente polas leis españolas. No caso de se producir calquera discrepancia ou controversia no que atinxe ao contido deste web ou a interpretación e execución das presentes condicións de uso, todas as partes se someterán, con renuncia expresa a calquera outro foro, aos xulgados e tribunais da cidade de Ourense.