Os obxectivos
Na súa posta en andamento, A Chave estabelece os seguintes obxectivos:
- Primeira fase: recursos léxicos sobre a fauna e a flora. É o primeiro obxectivo de traballo da Chave, cos seguintes vinte e tres títulos:
- Os nomes galegos das algas (dispoñíbel en liña)
- Os nomes galegos dos cogumelos (dispoñíbel en liña)
- Os nomes galegos dos musgos e fentos (dispoñíbel en liña)
- Os nomes galegos das plantas e árbores (dispoñíbel en liña)
- Os nomes galegos dos corais e medusas, ourizos, miñocas e estrelas do mar… (dispoñíbel en liña)
- Os nomes galegos dos moluscos (dispoñíbel en liña)
- Os nomes galegos dos crustáceos (dispoñíbel en liña)
- Os nomes galegos dos aracnídeos (dispoñíbel en liña)
- Os nomes galegos das bolboretas (dispoñíbel en liña)
- Os nomes galegos dos insectos (dispoñíbel en liña)
- Os nomes galegos dos peixes (dispoñíbel en liña)
- Os nomes galegos dos anfibios (dispoñíbel en liña)
- Os nomes galegos dos réptiles (dispoñíbel en liña)
- Os nomes galegos das aves (dispoñíbel en liña)
- Os nomes galegos dos cetáceos (dispoñíbel en liña)
- Os nomes galegos das focas, manatís e dugongos (dispoñíbel en liña)
- Os nomes galegos dos morcegos (dispoñíbel en liña)
- Os nomes galegos dos carnívoros (dispoñíbel en liña)
- Os nomes galegos dos ungulados (dispoñíbel en liña)
- Os nomes galegos dos primates (dispoñíbel en liña)
- Os nomes galegos dos roedores e lagomorfos (dispoñíbel en liña)
- Os nomes galegos dos insectívoros, preguizas e colugos (en preparación)
- Os nomes galegos dos monotremos e marsupiais (dispoñíbel en liña)
- Segunda fase: Dicionario da Chave en liña. O segundo obxectivo de traballo da Chave é elaborar e ofrecerlle ao mundo un dicionario de galego en liña, que complete ou enriqueza o que xa existe na rede.
- Terceira fase: dicionarios bilingües da Chave. Outra liña da Chave é a elaboración de dicionarios bilingües, inicialmente cos seguintes proxectos:
- Dicionario galego-castelán e Dicionario castelán-galego
- Dicionario galego-catalán e Dicionario catalán-galego
- Dicionario galego-inglés e Dicionario inglés-galego