Quen somos?

Un grupo de persoas estamos a pór en andamento a Chave (equipo de deseño e de informática, de asesoramento e a elaboración dos recursos léxicos, fotógrafos/as…). Para alén diso, cada liña de traballo e cada proxecto concreto ten o seu equipo. Por agora, presentamos a persoa impulsora e responsábel do proxecto da Chave en conxunto. Pouco e pouco, conforme as liñas e os proxectos concretos se vaian desenvolvendo, habemos ir incorporando máis persoas nesta sección.

Silverio Cerradelo Gómez

Veterinario (pola UAB), filólogo (Filoloxía Galega, pola UB, con premio extraordinario de licenciatura), máster en terminoloxía (pola UPF), presidente da asociación A Chave. Galego, Lingua de Calidade, é a persoa que ten a máxima responsabilidade no proxecto.

Algunha información máis sobre Silverio Cerradelo, na Galipedia.